A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.
A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada da man do cantautor galego Manoele de Felisa.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.