A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA UNHA MERENDA SOLIDARIA PARA O 19 DESTE MES CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

O Concello de Lourenzá organiza unha merenda solidaria para o 19 deste mes, mércores, con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Será no centro social Torreón dos Frades ás seis da tarde.

A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fai un chamamento “á solidariedade coas vítimas desta dura enfermidade e invita a todos os veciños a participar nesta iniciativa. Repartiranse lazos rosas entre todos os asistentes é haberá mantecadas e chocolate para merendar. Colocarase unha hucha de cor rosa onde todos os que queiran poderán deixar un donativo. Todos os fondos recadados serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro (AECC)”.

E a alcaldesa, Rocío López, anunciou que “durante as próximas semanas dende o balcón da casa consistorial pendurará unha pancarta cun gran lazo rosa co lema Todos somos rosa. É unha homenaxe a todas as mulleres enfermas de cancro de mama e as persoas que sufran calquera outro tipo de cancro. Queremos que cada vez que vez que miremos ó balcón do Concello nos acordemos de toda a xente que está a loitar diariamente para superar esta enfermidade”.

A rexedora municipal pide a sensibilización de todos os cidadáns con esta causa e o Concello de Lourenzá agradece a colaboración de Pastelería Cabaleiros para a celebración deste acto.

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA UNHA MERENDA SOLIDARIA PARA O 19 DESTE MES CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA