A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA DOUS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA VINDEIRA SEMANA SANTA

A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.

Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril.

O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, anima a todos os nenos, nenas e mozos do municipio a apuntarse e participar nestas iniciativas, que “sen dúbida serán un bo plan para estas vacacións de Semana Santa. Estas actividades enmárcanse dentro do amplo programa para a xuventude que desde esta concellería temos pensado por en marcha para este ano. Neste sentido nas últimas semanas enviouse unha carta todos os menores de 30 anos do municipio co fin de que nos indiquen cales son as actividades, cursos, charlas, etcétera que lles interesan e así poder organizalas dende o Concello”.

 

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA DOUS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA VINDEIRA SEMANA SANTA