Este mércores, día 21, tivo lugar na Casa do Concello de Lourenzá unha reunión da Mesa Coordinadora Don Paco. Este grupo de traballo ten como obxectivo principal coordinar, canalizar e promover todos os actos e actividades que dende Lourenzá se fagan para homenaxear a figura de Francisco Fernández del Riego, Fillo Predilecto do Concello, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas o próximo ano 2023. A súa finalidade é ser a entidade de referencia na promoción dos actos que dende Lourenzá se organicen.
A Mesa Coordinadora Don Paco está integrada por:
• Rocío López García, alcaldesa do concello de Lourenzá. Presidenta.
• Manuel Román Ramos, biógrafo de Francisco Fernández del Riego. Secretario.
• Manuel Arango Ron, concelleiro de Cultura do concello de Lourenzá.
• Francisco Javier Rodríguez Barrera, representante do grupo municipal do PP.
• María Áurea Vázquez Abal, representante do grupo municipal do BNG.
• María José López Noceda, técnica de cultura do Concello de Lourenzá.
• Isabel Villalba Seivane, representante da Asociación Patrimonio Laurentino.
• Xosé Luís Fernández Rivera, representante da Asociación Patrimonio Laurentino.
• Xosé López González, biógrafo de Francisco Fernández del Riego.