CRÓNICA DUNHA PROEZA ANUNCIADA: "Nova xesta heroica das Balas que coroa ó Maderas Barcia Lourenzá como un dos mellores clubs de Galicia de base do atletismo galego"

Ainara Rguez Ares: CAMPIONA GALEGA DE 500 LISOS INFANTIL. SUBCAMPIONA GALEGA DE 150 LISOS

Nova proeza de Ainara unha vez máis. A raíña de Galicia do medio fondo volvía a coroarse unha vez máis Campiona galega en 500 lisos ó aire libre cunha marca estratosférica de 1,20,28 baixando en 2 segundos a súa mellor marca pesoal. Por detrás entrarían Lucía Portela(A. Tui) e Antía Castro (Ourense Atletismo).

Ademáis conseguía un novo metal, nesta ocasión de prata nos 150 lisos con un tempo de 20,61; a 2 décimas da venvedora Zeltia Fdez(Sada con 20,41) e por diante de Antía Castro.

Ana Vallines Fdez: CAMPIONA GALEGA DE 3000 LISOS, MEDALLA DE BRONCE EN SALTO DE ALTURA. CAT. INFANTIL

A raíña do fondo infantil volvía a coroarse coa medalla de ouro nos 3000 lisos nunha carreira complicada pola alta temperatura e aínda así impoñía a súa calidade nos metros finais da proba para vencer con un tempo de 11 minutos e 28 segundos por diante da atleta de Beade Aldara Fonseca e da atleta de Friol Andrea Fariñas.

E xa no salto de altura volvía a ganar un novo metal, neste caso de bronce con un mellor salto de 1,38. 1ª sería a atleta de Riazor Coruña Lucía Couselo(1,48) e segunda Zeltia Fdez. de Sada(1,38).

IRIA RGUEZ. ARES. CAMPIONA GALEGA EN 500 M. LISOS BENXAMÍN

Carreirón da pequena da saga Rguez. Ares, Doña Iria; que se proclamaba campiona autonómica con un tempazo de 1,41,12; seguida de Paloma López (A Gándara con 1,42,37) e de Paula Vázquez (Marineda)

Iria competía ademáis na final directa de 50 lisos acadando unha meritoria 5ª praza con un tempo de 8,75.

Aleix Diaz Salas: SUBCAMPIÓN GALEGO DE 80 LISOS INFANTIL, SUBCAMPIÓN GALEGO DE 500 LISOS

Nos 80 lisos corría Aleix na serie máis rápida para facer 10,61 que o situaba como subcampión galego de velocidade en 80 lisos. Por diante del entraba Sergio Hdez (Adas) con 9,90 e bronce para J. Carlos Pérez(S.Gimnástica Pontevedra) con 10,69.

Nos 500 subcampión galego nun final apretadísimo e baixando a súa mellor marca persoal en 2 segundos con 1,18,09 e mellor marca do ano. 1º Yago Bert de Coruña Comarca(1.17.10) e bronce para Zakarías Fdez de Val Miñor con 1,18,35.

Fernando Vallines Fdez.: SUBCAMPIÓN GALEGO DE PESO ALEVÍN

Gran actuación no día de onte do pequeno da saga Vallines Fdez. que lograba un metal de prata con un mellor lanzamento de 8,74; sendo vencedor Rodrigo Sanjurgo(A Estrada) e bronce para Henok Mtez. do Universidade de Santiago.

Participaba tamén Fernando en Xabalina, obtando a 10ª praza con un lanzamento mellor de 18,32.

RESTO DA PARTICIPACIÓN

CATEGORÍA INFANTIL

María Vallines.

Unha mala anotación dos xuíces prohibía a María Vallines subir ó pódium coa medalla de bronce, posto que anotaban no seu primeiro lanzamento un tiro de 12,97 cando en realidade era de 21,97. Ó final 5º posto con un mellor lanzamento de 20,69 que a pesar desto será recorrido polo clube con proba de vídeo.

En lanzamento de disco obtiña a 10ª posición con un lanzamento de 16,10.

Mencía Martínez-Sierra.

5ª en peso cun mellor lanzamento de 8,18 e en disco 10ª con 16,10.

Mariña Salvatierra.

6ª en 1000 lisos con un tempo de 3,30,22

Ainhoa López.

5ª na final de 80 valados e 10ª en triple cun mellor saltdo de 8,02.

Carme Alonso.

8ª en 3000 lisos con un tempo de 11,50

Hiba Bouyzar.

10ª en obstáculos con 4,16

Alba Alonso.

14ª en 220 valados(40,25) e 11ª en 80 valados(16,04)

Samuel Debasa.

11º en obstáculos con 4,29

CATEGORÍA ALEVÍN

Ian Méndez.

9º en 2000 con 7,49,48

David Martínez.

6º en altura con 1,22

Carmen García.

16ª en altura con 1,12

Cecilia Gómez.

12ª en 2000 con 9,36,17

CATEGORÍA BENXAMÍN

Aarón Millares

4º en altura con 1,10.

Aroa Glez.

10ª en 500 con 1,51,69

Henar Méndez.

13ª en lonxitude con 2,66