O día de onte volvía a ser histórico para as nosas escolas. O equipo Maderas Barcia Lourenzá Alevín Feminino proclamábase SUCAMPIÓN AUTONÓMICO ESCOLAR. As 5 guerreiras comandadas por Iria Rguez.(2ª posición) e coas boas actuacións de Henar Méndez(14), Noa Valiña(20), Lourdes García(40) e Uma Córdoba(58) lograban un total de 38 puntos co que obtiñan o subcampionato.
Primeiro por un punto A. Noia(37) e terceiro Ourense Atletismo(54)
Así que nada, noraboa a tod@s os que fixeron posible este novo éxito e a seguir disfrutando!!!
Todos os resultados do galego de campo a través:
https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/02/rs170218.pdf
María Vallines, 4ª no Cto. Galego de Lanzamentos.
María Vallines Fernández quedou en 4º lugar no cto. galego de lanzamentos celebrado este pasado sábado en Lugo na proba de martillo.
O seu mellor lanzamento foi de 26,94; quedando a escasos 5 metros do metal de bronce.
Hugo López Casanova, Bronce no Corre con nós.
O pasado domingo Hugo López obtiña a medalla de bronce no Corre con Nós do río Rato despois de concluir a proba con un tempo de 2:50.