A DELIMITACIÓN DA RUTA DA COSTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO ESTÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA NAS OFICINAS MUNICIPAIS ATA O 3 DE NOVEMBRO E OS INTERESADOS PODEN PRESENTAR ALEGACIÓNS. A ALCALDESA ANÚNCIAO A TRAVÉS DUN BANDO QUE FIXO PÚBLICO HOXE

Lourenzá, 18 de setembro de 2013. A delimitación da Ruta da Costa do Camiño de Santiago está a exposición pública nas oficinas municipais de Lourenzá ata o día 3 de novembro e os interesados poden presentar alegacións. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público hoxe.

A rexedora municipal dá a coñecer que a “directora xeral do Patrimonio Cultural ditou o 9 de agosto de 2013 unha resolución pola que se incoa o procedemento para a delimitación do Camiño de Santiago do Norte (Ruta da Costa), que foi publicada no DOG do 04/09/2013. Nela acórdase a apertura do trámite de información pública ata o 3 de novembro de 2013, durante o cal se poderá examinar o expediente nas oficinas municipais e formular as alegacións que se estimen oportunas”.

Sobre este asunto a arquitecta do Concello de Lourenzá, Marta Sánchez, explicou que o Camiño de Santiago ao seu paso por Lourenzá “tiene dos recorridos muy marcados: uno, que era propiamente la Ruta de la Costa, que viene desde la ría de Ribadeo y atraviesa la parroquia de Santa María por el núcleo urbano; y otro, que era todo terrestre y se cree que era el más antiguo y el que el rey Alfonso II el Casto hizo como primer peregrino a Santiago, que entra desde Abres y pasa por las parroquias de San Adriano y Santo Tomé”.

Os interesados en obter máis información sobre este asunto poden dirixirse á Oficina Municipal de Rehabilitación do Concello de Lourenzá de 08:00 a 15:30 horas.

Descargar bando en PDF