No día de onte tivo lugar a presentación dos equipos cadete e xuvenil. No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá, Dª. Rocío López e dous representantes dos clubs vinculados. Por parte das escolas estivo o seu presidente D. Pablo Maseda e por parte do Mondoñedo Fc. D. Jesús Basanta. Presentouse o novo proxecto cadete e xuvenil. Diego Rego, xogador do primeiro equipo de fútbol das Escolas, ponse ó fronte do equipo xuvenil que se crea de novo esta temporada e Eduardo Iglesias, directivo das escolas e Director do Colexio Juan Rei capitaneará o equipo cadete.
Ambos equipos comenzarán a adestrar o vindeiro xoves, os cadetes a partir das 18,30 e os xuvenís ás 20 horas. Ademáis, Emérito Cabaleiro seguirá un ano máis á fronte da escola de porteiros.