A DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE LOURENZÁ PROMOVE A CONSTITUCIÓN DUNHA COOPERATIVA DEDICADA Á COMERCIALIZACIÓN DA FABA

A Subdireción Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar está a promover a constitución dunha cooperativa especializada na comercialización da faba amparada baixo a IXP Faba de Lourenzá e outros produtos de horta da Mariña lucense.

Na actualidade, a produción e comercialización da faba da zona estase a desenvolver dun xeito individualizado. Trátase de motivar aos produtores para que aposten por realizar a súa actividade dun xeito regulado e profesionalizado baixo a fórmula empresarial cooperativa.

No transcurso desta acción promocional, os vindeiros 5 e 6 de agosto, representantes de AGACA desprazaránse ata Ribadeo (5 de agosto) e Alfoz e Lourenzá (6 de agosto) para manter reunións directas cos produtores e explicar os pasos técnicos a seguir na constitución dunha cooperativa deste tipo.

Convídase especialmente a todos os produtores de faba a participar nestas reunións para recabar información e beneficiarse desta iniciativa.

Esta iniciativa suporá a creación da primeira cooperativa dedicada a esta actividade en Galicia.

 

DATA

LUGAR

HORA

Ribadeo

5 DE AGOSTO

SALÓN ACTOS CASA DO MAR

10:30 h

Alfoz

6 DE AGOSTO

SALÓN ACTOS CASA DO CONCELLO

10:00 h

Lourenzá

6 DE AGOSTO

SALÓN ACTOS CASA DO CONCELLO

12:00 h