DOMINGO DE PIÑATA EN LOURENZÁ

O entroido está a piques de comenzar, e en Lourenzá fixeron a presentación do cartel que anuncia o seu Domingo de piñata, o cal será o vindeiro 18 de Febreiro. Este desfile está organizado pola Asociación de Comerciantes industriais e Autónomos de Lourenzá (Acial) e o Concello de Lourenzá. Para a presentación do cartel estivo presente o Presidente da Asociación de Comerciantes, Javier Huertas Otero e a Tesoureira da Asociación Mª Fe de la Barrera, e por parte do Concello a alcaldesa de Lourenzá, Rocio López. O cartel foi realizado a partir do debuxo gañador do concurso do cartel do entroido de Lourenzá, sendo para Sergio Garcia Barrera de 8 anos.

Este ano repartiranse neste desfile uns 5.500 € repartidos nas categorías infantil con premios para individuais, parellas e grupos, e na categoría de adultos con premios para individuais, parellas, grupos de 3 a 10 persoas, grupos de máis de 10 persoas, carrozas, charangas e comparsas, sin esquencer o premio especial ao máis chistoso.

Este ano como novidade a charanga “Vaitexa” abrirá o desfile, o cal comenzará ás 16:00 horas saindo do recinto feiral de Lourenzá ata a praza do Conde Santo.

Descargar bases (PDF)

 

DOMINGO DE PIÑATA EN LOURENZÁ
DOMINGO DE PIÑATA EN LOURENZÁ