DOUS ALUMN@S DO CEIP JUAN REY FORON PREMIADOS NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME PROVINCIAL DAS LETRAS GALEGAS

Dous alumn@s do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, foron premiados na fase provincial do certame provincial das Letras Galegas.

O edil de cultura, Manuel Arango, en nome do Concello de Lourenzá, felicita aos alumnos do CEIP Juan Rey premiados na fase provincial do Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril Cabaleiro, de 11 anos, obtivo o primeiro premio en narración e un accésit en debuxo e Sergio García Barrera, de 8 anos, logrou o terceiro premio en debuxo.

A entrega de premios terá lugar en Lugo o vindeiro martes, día 20 de xuño.