Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.
Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.
En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.
Carmen García competía na alevín feminina, con un 5º posto da xeral e Samuel Debasa na infantil obtiña igualmente unha meritoria 5ª posición.
Na catogoría Multixogo non competitiva tamén tivemos a representación de Pedro Moirón.
A seguinte parada da sección federada será o 12 de maio en Vedra(Santiago) no Cto. Galego da disciplina.
Unha boa nova se suma ós éxitos dos rapaces. A sección terá novo patrocinador a partir do día de hoxe: MADERAS NACIENTE; que levará o nome deportivo do equipo.
Noraboa a todos os rapaces e sobre todo ó seu míster Juan Luís Méndez polos éxitos acadados.
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!