O vindeiro Venres día 26 de Agosto chega unha nova edición do Día da Bici a Lourenzá, neste caso a XIX edición. A saída será a partir das 18,30 e as inscripcións abriranse na Praza do Conde Santo ás 17,00 horas. Organizan as Escolas, e colabora o Concello de Lourenzá, Protección Civil de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz de Galicia, Eroski City e Pastelería Cabaleiros.
Todos os participantes deberán levar casco, do contrario non poderán tomar parte na actividade.
Recoreremos varias pistas dentro do Concello ata chegar á área recreativa da Cazolga onde terá lugar o avituallamento. Despois de repoñer forzas, reanudaremos a marcha para chegar de novo a Lourenzá sobre as 20,00 horas.
Ó chegar, teremos distintas competicións coa bici na praza e logo entregaranse trofeos e regalos ós afortunados.