ED LOURENZÁ E MONDOÑEDO CF SEGUEN APOSTANDO POLO FÚTBOL: DAVID CABALEIRO "GARRA" NOVO ADESTRADOR DO EQUIPO INFANTIL E MICHAEL SANTE Ó FRONTE DO EQUIPO CADETE

Onte venres ás 19:00 horas presentaronse oficialmente os equipos de fútbol infantil e cadete no municipal de Sta. Cruz. No acto estiveron os presidentes das entidades que loitan conxuntamente formando os xogadores de Lourenzá e de Mondoñedo por quinto ano consecutivo; Pablo Maseda e Manuel Barreira. Ademáis estivo presente o Concelleiro de Deportes de Lourenzá Francisco Dasilva; así como numerosos pais e aficionados de ambos clubes.

A principal novedade esta temporada será David Cabaleiro (licenciado e diplomado en educación física e xogador do primeiro equipo das E.D. Lourenzá), máis coñecido por Garrafín, que se fará cargo da coordinación e planificación dos entrenamentos de todos os equipos de fútbol das escolas, asumindo directamente a dirección do equipo de fútbol infantil.

Ó fronte do equipo cadete estará Michael Sante(o ano pasado adestrador do equipo infantil), que asume a competición dos equipos de fútbol e fútbol sala cadete para esta vindeira temporada 2015/2016. 

As plantillas a día de hoxe non se dan por pechadas. Se algún de vós estades interesados en participar neste novo proxecto o vindeiro adestramento será o martes día 11 de agosto ás 11:00 horas en Sta. Cruz.