A sección do Maderas Barcia Lourenzá chegou ós Alpes. O gran Manu Rguez. estivo presente no día de onte en Chamonix Mont Blanc (Alpes) onde participou nunha proba de gran dureza para escolares rematando entre os 15 primeiros de case preto de 400 participantes.
Ademáis, o seu pai, o atleta Xan do Canelo que corre como Independiente, enfrentouse á TDS do Ultra Trail du Mont Blanc; de 119 kilómetros, rematando de 13º da súa categoría (66 da xeral) con un tempo de 20 horas e 25 minutos. QUÉ GRANDES!!!