EN LOURENZÁ FORON LOCALIZADOS DOUS NIÑOS DE AVESPA VELUTINA NOS ÚLTIMOS DÍAS

Lourenzá, 14 de agosto de 2014. En Lourenzá foron localizados dous niños de avespa velutina nos últimos días. O Concello editou un bando informando á poboación da presenza desta especie na zona co obxectivo de que informen tanto en dependencias municipais como a través do 112 da súa aparición e proceder á súa retirada.

Segundo explicou a alcaldesa, Emma Álvarez, “o niño que apareceu en San Xorxe xa foi retirado. Quédanos o que foi localizado no pico dun eucalipto, a uns 20 metros de altura. Tentamos chegar a el cos medios dos que dispoñemos no Concello, pero non foi posible. A empresa Tragsatec xunto aos Bombeiros de Barreiros procederán á súa retirada a vindeira semana”.

A rexedora fai un chamamento á colaboración “para que todos aqueles veciños e veciños que vexan algún niño máis de avespa velutina estes días nos avisen e así procederemos á retirada de todos eles o día que veñan os Bombeiros”.