Cerca de 50 persoas recibiron os certificados de dous cursos sobre benestar animal celebrados en Lourenzá durante o pasado ano 2012. No acto estivo a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
Os participantes recibiron certificado de acreditación de formación en materia de benestar animal para o persoal de granxas, matadoiros e centros de concentración e certificado de competencia para condutores e coidadores conforme ao artigo 17.2 do Regulamento (CE) 1/2005 de 22 de decembro de 2004.
Os cursos foron organizados polo Concello de Lourenzá coa colaboración de ASAJA Galicia.