ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Lourenzá, 22 de xaneiro de 2017. Foron entregados os premios do certame de poesía de Nadal da biblioteca pública municipal de Lourenzá.

No acto os premiados estiveron acompañados pola a alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnica municipal de Cultura, María José López Noceda; Amanda Gasalla e Dolores Villasuso, que foron membros do xurado.

Na categoría A os seleccionados foron Aldara Loureiro, Anxo Maseda e Lidia Díaz. E na categoría B os premios corresponderon a Claudia Carril, Mario Moirón e Mateo Fraga.

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.