ESCOLARES DE PRIMARIA RECIBIRON MARCAPÁXINAS E CARTEIS ELABORADOS COS DEBUXOS SELECCIONADOS NO CONCURSO A PROL DA LINGUA GALEGA ORGANIZADO POLA MANCOMUNIDADE DA MARIÑA. A AUTORA DO DEBUXO ELIXIDO EN LOURENZÁ FOI UNHA NENA DE 6 ANOS

Lourenzá, 28 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao; o responsable de actividades do Concello, David Caballero; e a técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, Mari Luz Pérez, entregaron a escolares de Primaria do municipio marcapáxinas e carteis elaborados cos debuxos seleccionados no concurso a prol da lingua galega. Este certame foi organizado o pasado verán pola Mancomunidade para promover o uso do galego entre a mocidade da Mariña dentro das súas actividades do programa de dinamización.

No caso de Lourenzá esta iniciativa levouse a cabo dentro do programa de actividades do campamento de verán organizado polo Concello.

A autora do debuxo seleccionado no concello de Lourenzá foi Antía, unha nena de seis anos de idade, que recibiu un agasallo.

premio lourenza debuxo infantil