ESTE FIN DE SEMANA, SÁBADO E DOMINGO, HABERÁ OUTRAS DÚAS REPRESENTACIÓNS DO CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Este fin de semana, sábado e domingo ás 20:00 horas, haberá outras dúas representacións do certame de teatro organizado polo Concello de Lourenzá.

O edil de Cultura, Manuel Arango, comentou que “despois da gran acollida que tiveron as dúas primeiras representacións, a cargo de Bule Bule e Ollomao, nas que se esgotaron as entradas, continúa este fin de semana o II Certame de Teatro Concello de Lourenzá. O sábado ás 20 horas o grupo Rebuldeira, de Sarria, porá en escena a obra Delicadas; e o domingo á mesma hora a compañía Avelaíña, de Pontevedra, representará a obra María Castaña”.

As dúas actuacións serán no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros.