Lourenzá, 1 de xullo de 2015. Este mediodía abriron as instalacións da piscina municipal de Lourenzá, que funcionan en horario de 12 a oito da tarde durante este mes e o de agosto. “Deste xeito iniciase a tempada de verán”, anunciou a alcaldesa, Rocío López García.
As tarifas para o uso da piscina contemplan seis tipos de abonos: adultos durante toda a tempada, 20,85 euros; tempada para nenos, 10,42 euros; tempada familiar, 31,27 euros; mensual para adultos, 10,42 euros; mensual para niños, 5,22 euros; e mensual familiar, 15,63 euros. En canto aos pases diarios o prezo para a adultos é de 2,08 euros e para os nenos, 1,04 euros.
Ademais na piscina municipal de Lourenzá desenvolveranse cursos de natación, que teñen uns prezos de 10,42 euros para os rapaces de ata 16 anos e de 20,85 euros para os maiores desa idade.