ESTE MEDIODÍA TIVO LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN CUN MINUTO DE SILENCIO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DOS ATENTADOS DE PARÍS DÍANTE DA CASA DO CONCELLO, ONDE AS BANDEIRAS ONDEAN A MEDIA ASTA

Este mediodía tivo lugar en Lourenzá unha concentración cun minuto de silencio en recordo das vítimas dos atentados de París. Levouse a cabo diante da Casa do Concello, onde as bandeiras ondean a media asta dende o sábado.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “o Concello de Lourenzá gardou este mediodía un minuto de silencio en recordo das vítimas dos atentados de París. A concentración tivo lugar diante da Casa do Concello e nela estiveron presentes membros do equipo de goberno e persoal laboral do Concello, así como outros veciños e veciñas de Lourenzá. O concello de Lourenzá expresa así a súa solidariedade co pobo francés e quere mostrar todo o seu apoio os familiares das vítimas. Xa dende a tarde do sábado as bandeiras da Casa do Concello ondean a media asta como xesto de condolencia polo ocorrido este venres en París”.

A rexedora municipal engadiu que “non hai palabras que xustifiquen uns feitos así. Pero non podemos permanecer inmunes, debemos condenar esta barbarie e mostrar ó noso rexeitamento polos feitos ocorridos”.

ESTE MEDIODÍA TIVO LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN CUN MINUTO DE SILENCIO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DOS ATENTADOS DE PARÍS DÍANTE DA CASA DO CONCELLO, ONDE AS BANDEIRAS ONDEAN A MEDIA ASTA