Amanecía o día gris hoxe en Mondoñedo amenazando choiva, e vaia si choveu . Pero eso non foi impedimento para mais de 150 valientes con ganas de aventura tomaran parte na xa famosa polos seus paisaxes V rota Rei Cintolo .
O primeiro en completar os 43 kilómetros e 1500 metros de desnivel positivo foi Manuel Carrelo Magadan do club de vela castropol pillabikes con un tempo de 2 : 17 : 00, en segunda posición chegou Javier del Cueto Fernández do Cangas de Onis ciclismo Alpaca con un tempo de 2 : 24 : 00 , e en terceira posición chegaron xuntos despois de un pacto Marcos Vale García , Gabriel Colmenero Álvarez e José Ignacio Méndez Suarez con un tempo de 2 : 27 : 00 .
A primeira fémina en facer o recorrido foi Belen Souto Val con un tempo de 4 : 10 : 00
O millor participante local e que ademais pertenece o club organizador foi Jose Antonio Gonzalez Basanta entrando nunha meritoria novena posición con un tempo de 2 : 37 : 00
O trofeo para o mais novo foi para Adrian Vazquez
O trofeo para o mais veterano foi para Manuel Escourido
O trofeo para o club mais numeroso foi paro o Club ciclista Burela
E o trofeo para o club mais lonxano foi para o Cangas de Onís Alpaca Prodecor.
Desde o ED.Lourenza.ciclismo queremos darlle as gracias a todos os patrocinadores e colaboradores da V rota btt Rei Cintolo , gracias os cales podemos levar a cabo esta gran ruta .
En primeiro lugar agradecer o Concello de Mondoñedo, Concello de Lourenza, Escolas deportivas Lourenza Mondoñedo, Protección Civil e a Moto club Enduro de Mondoñedo , a sua colaboración desinteresada.
Darlle as gracias a todos os patrocinadores :
PILLABIKES , CEREZOBIKES , SANTALLA MOTOR , O LAR MAXICO , FRUTAS HERMANOS RIVAS , BAR PORRIÑO , CAFÉ BAR O TORREON , CAFÉ BAR BAOS , BODEGON A CATEDRAL , MARMOLES POUSADA , INSTALACIONES VENTOSO , ALMACENES OTERO , REI DAS TARTAS , GIORDANA , FLORES BUXO , PANADERIA BOUSO .
Gracias tamén a todos os colaboradores individuais que sin ser do club ciclista nin ser aficionados a bici poñen o seu graniño de area.
E para finalizar darlle as gracias os 150 valientes que participachedes e que vos sobrepuxechedes as inclemencias para facer que a ruta , a pesar de todo, salira adiante .
Esperamosvos na VI Ruta Rei Cintolo