Como unha actividade máis dentro da programación das festas organizado polo Concello, Comisión de Festas do Conde Santo e as Escolas Deportivas Lourenzá. Éxito da XX Edición con 150 participantes na que colaboraron na mesma Motos Santalla, La Voz De Galicia, Eroski City, Pastelería Cabaleiros e Protección Civil de Lourenzá.
A saída tivo lugar da praza do Conde Santo ás 18,00 horas. Recorremos varias pistas dentro do Concello de Lourenzá e o avituallamento foi na área recreativa da Cazolga. Despois de repoñer forzas, reanudouse a marcha para chegar de novo a Lourenzá sobre as 19,30 horas.
Xa na Praza tivo lugar a competición que xa esta ano alcanzou a II edición da "Carreira Tartaruga"; onde vence o corredor que entra último en meta.
Dentro dunha gran expectación, os vencedores foron os seguintes:
Iniciación feminina: Emma García.
Iniciación masculina: Fabián Otero.
Infantil feminina: Carmen García.
Infantil masculina: Samuel Debasa.
Sénior feminina: Sandra Docarmo.
Sénior masculina: Cristian Piñeiro.
Deste xeito, Sandra e Cristian revalidan título por segundo ano consecutivo.
Finalmente, tivo lugar a entrega de premios, trofeos e sorteo de regalos coa presencia da Alcaldesa Dª. Rocío López e o Concelleiro D. Manuel Arango.