Nova exhición do Maderas Barcia Lourenzá na I Cros Ponte Romana en Lugo. Subcampionatos para Adriana Rebolo, Manu Rguez. e Ana Vallines. Bronces para Ian Méndez e Carme Alonso!!!
E o domingo tamén estivemos presentes con unha boa representación na I Cros Ponte Romana de Lugo"Homenaxe a Palelas" cos seguintes resultados:
Benxamín Feminino:
2ª - Adriana Rebolo.
Alevín Masculino:
3º - Ian Méndez.
Infantil Feminino:
3ª - Carme Alonso. 10ª - Marta Alonso.
Infantil Masculino:
2º - Manu Rguez.
Cadete Feminino:
2ª - Ana Vallines.
Henar Méndez, subcampiona no comarcal de duatlón. Nicolás Álvarez, bronce. Éstes resultados máis os de Ian, Valeria e Samu catapultan ó Triatlón Cidade de Lugo como gran dominador da proba de Mondoñedo
O convenio entre a sección de atletismo do Maderas Barcia Lourenzá e a sección de triatlon do Cidade de Lugo segue dando os seus froitos.
Se apenas fai un mes tres atletas do Cidade reforzaban os nosos equipos no provincial de campo a través; no día de onte 5 das balas reforzaban ó Cidade na 1ª preparatoria provincial de duatlon celebrada o pasado sábado en Mondoñedo.
Henar Méndez:
Subcampiona benxamín feminino.
Ian Méndez:
5º Clasificado Alevín masculino a pesar de ter un problema mecánico cando marchaba en 2ª posición.
Nicolás Álvarez:
3º - medalla de bronce infantil masculino.
Valeria Álvarez:
7ª clasificada alevín feminino.
Samuel Debasa:
7º clasificado alevín masculino.
Aleix Díaz, Ana Vallines e Ainara Rguez.; inmensos nos controles cadetes o sábado e domingo en Oviedo!!!
Desprazabanse as 3 balas cadetes a Oviedo este pasado sábado e domingo para mellorar os seus rexisstros coincidindo co cto. asturiano de pista cuberta.
Aleix Díaz competiu nas distancias de 300 m e 1.000 m lisos. Na proba de 300 m lisos, Aleix foi o 1º da sua serie e o 3º da xeral, cun tempo de 40.88 seg.
Unha hora máis tarde participaba na disciplina de 1.000 m. lisos, entrando en meta na 6ª posición cun tempo de 3 min 5 seg 94 cts.
Na xornada matinal de domingo tocaba o turno dos 60 m e 600 m lisos, onde Aleix obtiña unhas grandes marcas. En 60 m.l. Aleix era 5º da sua serie e 11º da xeral cunha marca de 8.29 seg., moi cerca da sua mellor marca. E pouco tempo máis tarde en 600 m.l. entraba en meta na 5ª posición cun tempo de 1 min 32 seg 49 cts., rebaixando en 4 seg a sua mellor marca conseguida nesta mesma pista fai un par de meses.
Ana Vallines que participou para coller ritmo de competición e que segue recuperándose positivamente da súa lesión participaba o sábado nos 300, 1000 e salto de altura.
Nos 300 lisos entraba cun rexistro de 47,81, sendo 3ª de serie.
Pouco despois corría tamén os 1000 lisos con un tempo de 3,27,91; sendo 10ª da xeral asturiana.
E por último competía tamén en salto de altura, mellorando a súa marca deste ano de pista cuberta e deixando o listón en 1,40 co que remataba en 4ª posición da xeral.
E xa o domingo acudía a terras asturianas Ainara Rguez. para participar nos 600 lisos, aínda que xa tiña marca acreditada para o Cto. de España en 1000 lisos do control anterior en Xixón.
Ainara a pesar de non ter unha boa saída paraba o crono en 1,44,15 a un segundo e 15 décimas de facer a marca para o campionato nacional e sendo a 3ª mellor atleta da proba aínda que fóra de concurso para os premios por ser cto. autonómico de Asturias.
Así pois Ainara representaranos definitivamente o vindeiro sábado 18 de marzo ás 17:30 horas nas Semifinais de 1000 lisos en Antequera (Málaga).
Carlos Docampo, Iria Rguez., Manu Rguez.,Carmen García e Mariña Salvatierra encabezan con victorias a expedición de menores do Maderas Barcia Lourenzá no control de menores en Lugo con boas marcas de toda a expedición!!!
Desprazábanse o sábado a Lugo os atletas das Escolas buscando a mellor marca para o Cto. Galego de menores que terá lugar en Riazor o vindeiro 18 de marzo.
A actuación:
Andrea García:
5ª serie en 50: 9,74
9ª en lonxitude con 2,10
Sheila López:
1ª serie en 50(6ª xeral): 9,20
Huma Córdoba:
2ª serie en 60: 11,02
2ª peso: en peso: 4,58
Uxía Salvatierra:
3ª serie en 60: 9,66
13ª lonxitude: 3,04
4ª en 1000: 3,37
Carme Alonso:
60 valados: 4ª con 12,62
3ª en 500: 1,36,1
9ª en lonxitude: 3,24
Carmen García:
1ª en altura: 1,18
5ª en 1000: 4,00
Noa Valiña:
3ª en altura con 1,12
3ª en 500: 1,43,9
Diana Lastra:
3ª en lonxitude: 3,11
2ª en 500: 1,43
Aroa Glez:
6ª en 500: 1,48,5
17ª en lonxitude: 2,39
Emma García:
6ª en lonxitude: 2,22
5ª en peso: 4,15
Marta Alonso:
3ª en triple: 7,68
7ª en peso: 5,23
11ª en 1000: 4,08
Miriam Vera:
3ª en peso: 4,29
10ª en 500: 2,13
Aarón Millares:
3º en altura: 1,12
7º en lonxitude: 2,82
Carlos Docampo:
1º en altura: 1,09
1º en 1000: 4,04
Jorge Rego:
2º en altura: 0,95
4º en lonxitude: 2,87
Fabián Otero:
4º en altura: 0,85
2º en peso: 3,46
Xabi Sordo:
5º en 500: 2,02
3º en lonxitude: 2,90
Manu Rguez.:
2º en 1000: 3,29
1º en lonxitude: 3,83
2º en triple: 8,07
Fer Vallines:
2º en peso: 7,99
Iria Rguez:
1ª en 500: 1,39
Cecilia Gómez:
11ª en 1000: 4,29
16ª en lonxitude: 2,40
Ademáis participaron no contol de 60 valados cadete tres balas femininas:
Alba Alonso: 3ª serie con 11,91
Ainhoa López: 5ª serie con 12,01
Claudia Graña: 3ª serie con 11,53