Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e a adestradora da sección de Patinaxe Dª. Tania Irimia presentaronse as alumnas desta sección que medra de ano en ano.
O equipo adestrará os sábados. Todos os alumn@s que querades incorporarvos ó plantel deste ano debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!