FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA "MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS: CAMIÑO DA IGREXA DE SANTO ADRAO A CHACOTE E CAMIÑO A LIÑARES".

Con data de 18 de novembro do 2020 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D. Isidro Otero Bello en representación de Construcciones Isidro Otero S.L. para a que se concedeu unha subvención pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único do exercicio de 2020.