O equipo Infantil Feminino de campo a través proclamouse o pasado sábado MEDALLA DE BRONCE no Cto. Autonómico de Campo a Través disputado na Estrada (Pontevedra).
O equipo sobrepúxose ás circunstancias e foi quen de subirse ó caixón autonómico. No quencemento a lesión de Carme Alonso privouna de participar sendo unha baixa considerable. Carreirón de Ainara Rguez.(6ª con un tempo de 7:18) que intentou estar en todo o momento no trío de cabeza a pesar de non sentirse cómoda na segunda metade do percorrido; Ana Vallines(18ª con un tempo de 7:39) caía na saída e remontaba posicións ata entrar entre as 20 primeiras, Mariña Alonso caía tamén nas primeiras de cambio e a pesar deso paraba o crono en 7:58- 28ª, e entraban ademáis moi seguidas dando o bronce final Marta Alonso de 38 con 8:10, Ainhoa López 40ª con 8:16 e Uxía Salvatierra 46ª con 8:26.
Participaron ademáis o velocista Aleix Díaz en Infantil Masculino rematando 30º con un tempo de 10:03 a pesar de non ser a súa especialidade; e no equipo alevín feminino a baixa de última hora de Valeria Álvarez privabanos de participar como equipo pero no apartado individual entraban Diana Lastra (36ª -6:49), Carmen García (52ª con 7:13) e Cecilia Gómez (57ª con 7:29).