Acábase de firmar o acordo co novo adestrador do equipo de Nacional, un vello coñecido da parroquia laurentina.
O adestrador focense Pablo Castro, que comenzara os seus periplos como adestrador nas temporada 2008/09 e seguira na 2009/10 co equipo cadete de basket das escolas en Liga Galega volve ás súas orixes e nin máis nin menos que en Categoría Nacional.
Logo dunhos días de negociacións, o acordo entre ambas partes é total e dende xa poñerase a traballar para engrasar a maquinaria do Morangrupo Lourenzá. Decidirá, ademáis; xunto co míster de Liga Feminina-2 Juan Nécega as xogadoras que completan o plantel de Nacional así como as vinculadas que comparten ambos equipos.
Pasou por tanto un tempo de 6 anos onde Pablo Castro acrecentou máis a súa experiencia como adestrador pasando dous anos como adestrador en Xove e os 4 últimos como adestrador do Celtas Foz; onde sempre alcanzou os obxectivos propostos.
Ademáis da incorporación de Pablo, o clube acaba de pechar tamén a alta de Jaime Capella como preparador e rehabilitador físico do plantel. Jaime a temporada pasada foi o preparador físico do Azkar Lugo.
Dende a directiva estamos encantados destas novas incorporacións que creemos que axudarán a seguir engrandecendo o traballo a prol do deporte das Escolas!!! Moita Sorte!!!