HOXE FOI PRESENTADO O CARTEL DA XXVII EDICIÓN DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE FOI ELABORADO POLO LAURENTINO IGNACIO CASTRO, COÑECIDO ARTISTICAMENTE COMO NACHOK. PARA EL ESTE ENCARGO FOI UNHA HONRA E UN DESAFÍO.

Lourenzá, 12 de setembro de 2017. Hoxe, martes, foi presentado o cartel da XXVII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que foi elaborado polo laurentino Ignacio Castro, coñecido artísticamente como Nachok. Para el este encargo foi unha honra e un desafío.

O autor do cartel explicou: “o concelleiro de Cultura de Lourenzá, Manuel Arango, contactou comigo para propoñerme a elaboración do cartel deste ano da Festa da Faba. Aceptei e para min é unha honra porque vivo neste concello e é algo bastante importante. Foi un pequeno desafío no sentido en que van moitas edicións, hai un montón de carteis que traballan esta temática e pretendín, na medida do posible, darlle unha pequena volta e buscar algo que fora un pouquiño distinto. Entón apostei por unha imaxe minimalista, que centralmente utiliza nin máis nin menos que unhas fabas nunha superficie horizontal. Pensei que esa podía ser unha boa opción á hora de facer o cartel”.

Nachok engadiu que “pode verse xa, porque se está empezando a difundir, e en principio parece que esta imaxe está tendo bastante boa acollida”.

HOXE FOI PRESENTADO O CARTEL DA XXVII EDICIÓN DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE FOI ELABORADO POLO LAURENTINO IGNACIO CASTRO, COÑECIDO ARTISTICAMENTE COMO NACHOK. PARA EL ESTE ENCARGO FOI UNHA HONRA E UN DESAFÍO.