Na sala de exposicións da Casa da Cultura de Lourenzá pódese ver ata o vindeiro 22 de marzo a exposición Mulleres no obxectivo, composta por 23 imaxes de fotoperiodistas galegos e galegas que recollen o día a día das mulleres. O horario de visita é de 17 a 20 horas. A mostra foi inaugurada na tarde de onte pola alcaldesa, Emma Álvarez, acompañada da concelleira de Educación e Cultura, Lupez Flórez, e de responsables do departamento de Servizos Sociais. Ao acto acudiron os alumnos do taller de memoria. A continuación proxectóuse a película Tomates verdes fritos, que logrou reunir a máis de medio cento de persoas. Ambas actividades foron organizadas para conmemorar o día internacional das mulleres, que se celebrou onte 8 de marzo.