INAUGURADAS A ESCOLA DE VERÁN E AS NOITES ALTERNATIVAS PARA O PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL

Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá inaugurou as actividades propostas dentro dos programas Escola de Verán e Noites Alternativas, que se desenvolven dende onte ata a primeira quincena do mes de setembro. Estas iniciativas son posibles grazas a un acordo de colaboración subscrito co Ximnasio Municipal e ofertan unha serie de actividades de tempo libre para os rapaces, xogos e obradoiros cos que aproveitar as horas do verán.

Como novidade, este ano os mozos de Lourenzá poderán participar nas Noites Alternativas, que se levan a cabo en horario de 22:00 a 00:30 horas. O Concello agarda que a súa acollida sexa moi boa e se poidan seguir programando no futuro.

No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o representante do Ximnasio Municipal, Brenan Rivas Terrón. 

INAUGURADAS A ESCOLA DE VERÁN E AS NOITES ALTERNATIVAS PARA O PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL