Dous novos pódiums colleitaron os atletas das Escolas Lourenzá este pasado domingo na prestixiosa Popular de Friol.
En categoría benxamín, triunfo incontestable dunha gran Iria Rguez. que non daba opcións nunha carreira que dominou de principio a fin.
En infantil feminino, segunda posición para unha Ainara Rguez. acostumada ós podiums.
Ademáis desprazaronse a Friol Cecilia Gómez, Marta Alonso e Carme Alonso que ocuparon tamén as posicións dianteiras da proba pero sen subir ó caixón.
O vindeiro fin de semana turno o sábado 4 para os atletas que sexan admitidos no Galego Cadete en Ferrol mentres que o domingo 5 turno para os xuvenís no galego en Vigo. O resto da expedición laurentina estará en Sante(Trabada) o sábado 4 para participar nunha nova proba popular.