ISAAC, DIEGO REGO E SUSO FORO APUNTALAN O EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA DE CARA Á NOVA TEMPORADA

Sta. Cruz acolleu onte martes ás 20 horas a presentación de 3 novos xogadores de cara á ilusionante nova temporada que comenza para o equipo de 1ª autonómica. Isaac Fdez (que a temporada pasada militou no Viveiro e no Valadouro pero formado nas categorías inferiores das Escolas Lourenzá e Lugo), Diego Rego (procedente do Iberia pero que militou en temporas anteriores na plantilla das Escolas) e Suso Foro (procedente do Valadouro) estiveron acompañados no día de onte de Pablo Maseda (presidente do clube), Juan López (patrocinador do equipo "Construcciones Augacons") e o secretario técnico do equipo Oscar González.
No día de onte Roberto Ramallal asignou tamén a súa renovación como adestrador do equipo, e mostrouse moi satisfeito de apuntalar o equipo sobre todo en posicións defensivas que era onde máis se necesitaba.
Isaac pode cumplir de medio centro defensivo, lateral ou incluso de central, mentres que Diego Rego e Suso apuntalan o centro da defensa do equipo.

ISAAC, DIEGO REGO E SUSO FORO APUNTALAN O EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA DE CARA Á NOVA TEMPORADA