JUAN NÉCEGA ESTARÁ UN ANO MAÍS Ó FRONTE DO EQUIPO DE NACIONAL LOURENZÁ ENSINO PARA A VINDEIRA TEMPORADA 2014/2015.

Juan asume o reto por séptima temporada no clube e será ademáis o encargado de coordinar e supervisar os adestramentos das categorías inferiores das Escolas Deportivas, que este ano contarán con equipos en categoría benxamín, alevín, infantil, cadete , estudiase a posibilidade dun equipo junior e a confirmación tamén por segunda temporada do equipo de 2ª autonómica feminina no que seguirá un ano máis ó fronte Mariano Galindo.

O equipo comenzará os adestramentos este fin de semana nun stage técnico que farán en Viveiro xunto co equipo de Liga Feminina.

De momento podemos confirmar a renovación de Marly Varela, e ademáis o equipo estará pendente da posible vinculación das xogadoras sub-23 co equipo de Liga Feminina da lucense Rocío Varela, da santanderina Tamara Montero e da ferrolana Sara Cuíña. Durante estos días estanse apurando as negociacións co resto das integrantes da plantilla da temporada pasada Andrea Meilán, Sabela uriz, Marta García, Elena Sánchez…. para que podan un ano máis seguir no proxecto; así como varias xogadoras de categoría junior que pasan a sénior. Da cubana Taimara Suero estamos á espera das ofertas que lle podan xurdir de ligas superiores e de se ó final poderá estar en España nesta vindeira temporada.

No apartado económico “Kusilas” será un novo patrocinador do equipo, que firma un convenio de colaboración para esta temporada 2014 – 2015.