LOURENZÁ ACOLLE DENDE O VINDEIRO LUNS ACTIVIDADES DE VERÁN PARA NEN@S DE 4 A 12 ANOS E NOITES ALTERNATIVAS PARA RAPACES DE 12 A 16 ANOS

O vindeiro luns, día 13, comezan en Lourenzá actividades de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos e tamén o programa denominado Noites Alternativas, para rapaces de 12 a 16 anos. Esta segunda iniciativa faise por primeira vez este ano en Lourenzá.

A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que “tras a firma dun convenio de colaboración subscrito entre o Concello e o Ximnasio Multiusos de Lourenzá, a partir do luns 13 de xullo van dar comezo as actividades de verán dirixidas o público infantil e xuvenil. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 690.18.10.32 ou ben directamente o día da inauguración das actividades na Casa da Xuventude”.

O programa conta con dous tipos de actividades: unha delas destinada a nenos e nenas de entre 4 a 12 anos de 10:00 a 13:00 horas; e a outra é unha novidade, as Noites Alternativas, con actividades para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, en horario de 22:15 a 00:15 horas.

O acto de presentación para os dous programas levarase a cabo o vindeiro luns, día 13 de xullo, ás 10 da maña na Casa da Xuventude.