Lourenzá, 1 de outubro de 2014. O Concello de Lourenzá, en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño, organiza para os vindeiros meses de outono un curso de iniciación á cestería. A actividade comezará o día 21 deste mes, martes, e contará cun total de 38 horas lectivas, que serán impartidas en horario de 20:30 a 22:30 durante tódolos martes e mércores ata o 23 de decembro. As prazas están limitadas a 10 alumnos e o prezo da matrícula é de 19 euros.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo público un bando no que explica que “o obxectivo do curso é unha aproximación á cestería, aprendendo unhas nocións básicas para realizar pezas sinxelas utilizando medula de roten e vimbio”
Os interesados poden recibir máis información sobre esta actividade acudindo á Oficina Técnica de Emprego do Concello de Lourenzá, chamando ao teléfono 982.12.10.06 ou consultando a páxina web www.centrad.org.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bando Curso Cestería Lourenzá | 1.39 MB |