MAÑÁ, DÍA 1 DE XUÑO, COMEZAN AS CLASES DE PÁDEL NA PISTA MUNICIPAL, EN LOURENZÁ

As clases de pádel na pista municipal de Lourenzá comezan mañá, xoves, día 1 de xuño. Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou que serán impartidas polo monitor titulado Héctor López e para reservar praza ou facer calquera consulta ao respecto os interesados poden chamar ao teléfono 617.45.00.96.

Esta actividade ponse en marcha despois de que a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o xerente da empresa de xestión deportiva IG10, Ibán García, asinaran recentemente un convenio de colaboración entre o Concello e a firma para impartir clases de pádel na pista municipal.

Francisco Dasilva resaltou “a importancia de apostar polo deporte e de por en marcha novas modalidades como o pádel, que de seguro terá boa aceptación para nen@s e maiores”. Ademais anunciou que “ó longo da tempada deportiva realizarase un torneo de pádel Concello de Lourenzá, no que todos os alumnos poderán poñer en práctica os fundamentos e recursos aprendidos nas clases e no que tamén poderán participar todas as demais persoas que así o desexen”.