MARTÍN PARDIÑAS SUPÉRASE NO DESAFÍO DE SOMIEDO MENTRES ANA VALLINES GANA A MILLA DE ARES

En dous frentes estivo representada a sección de atletismo das Escolas Deportivas.

Dunha banda Martín Pardiñas desprazabase a Asturias para participar en Somiedo dunha proba de gran dureza física e de montaña:

DESAFIOSOMIEDO, proba a cal aporta puntos de cualificación para "Ultra-Trail du Mont-Blanc" e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude

Éstas son as declaracións de Martín sobre a proba: “A carreira preciosa pasando por paraxes maravillosos. Eu con unha mezcla de sensacions. Sentiame ben, forte, con moita enerxia pero no km 15 x un erro de concentración torcin un tobillo, pero seguin peleando contra a dor e conseguin manter bastante o nivel ata o km 27 máis ou menos, pero a partir de ahí baixei moito o rendimiento e xa me olvideo de tempos e o unico q qería era chegar. O final conseguino e moi contento x vencer a dor x sobrepoñerme a min mesmo x nn rendirme e aprender a sufrir ese dolor q m minaba paso tras paso. Algo "triste", aunque nn é triste a palabra x non poder correr o meu máximo nivel. O final 6h 27min. e 79º de 300º. Recoñezo q aprendin máis acabando así q si chegara con bo resultado. Dar as gracias a tod@s os q me apoiais sempre q con vos é máis facil, a Lucía x ser a q esta ahí día tras día, a meus país x axudarme, Siro (o mestre) x saber o q decirme sempre, a Valoria, a Xan co que compartin esta experencia na cal él correu o Ultra (86km) e nn teño palabras para definir a este pedazo de montañeiro q fixo un tempo de 12h con problemas de estomago e tormenta incluida ensinandome monton de cousas deste mundo da montaña, os meus amig@s q con ese regalazo acompañaronme toda a carreira e como non os compañeiros das Escolas Deportivas Lourenzá por estar pendentes de min. Ahora toca recuperar o tobillo e volver a correr”

Ademáis, a sección estivo representada na provincia de A Coruña na prestixiosa Milla de Ares, onde destacacou o triunfo en categoría alevín feminino de Ana Vallines.

Ademáis participaron en Pitufos Emma García(6ª), en Benxamín Carmen García(5ª) e Fernando Vallines (6º) así como María Vallines en alevín feminino (8º).

A vindeira cita da sección será o vindeiro 9 de Agosto na Popular de Os Villares en Guitiriz.