MEDIO CENTO DE SENDEIRISTAS PARTICIPARON NA ANDAINA POLA RUTA DA AUGA DE GUITIRIZ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ

Este pasado fin de semana, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha andaina pola Ruta da Auga de Guitiriz, na que participaron medio cento de sendeiristas. Os participantes percorreron 15 km ao son dos ríos Parga e Landroil en algo máis de tres horas aproximadamente. Tratouse dun paseo pola natureza, historia, literatura e etnografía do fermoso concello de Guitiriz. É un sendeiro sen desniveis e de dificultade baixa, polo que os participantes remataron a ruta sen problema ningún.

Ao chegar ao municipio de Parga, os camiñantes puideron disfrutar da feira dominical de Parga, onde tamén aproveitaron para degustar o polbo e o churrasco nas casetas da feira.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá non para, e xa está a organizar a próxima ruta, que terá lugar no vindeiro mes de novembro.

RUTA DA AUGA

Ver todas as fotos