A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, mediante escrito de data 23/11/2018, comunicou a este concello a concesión dunha axuda por importe de NOVE MIL CINCOCENTOS OITENTA E UN EUROS CON CINCUENTA E CATRO CÉNTIMOS (9.581,54.-) para o investimento na Mellora das Infraestruturas e do equipamento do Punto de Atención á Infancia de Lourenzá, “Meniños”, e que fora solicitada polo concello ó abeiro da Orde de 27/06/18, pola que se establecían as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións Locais para o ano 2018,.
As axudas desagréganse segundo se indica:
Obras menores: 2.680 euros.
Equipamento: 4.483,96 euros.
Compra dispositivos: 2.417,58E
Lourenzá, 28 de novembro de 2018