Presentouse no día de onte no campo de Sta. Cruz os equipos de fútbol benxamín, alevín e infantil.
No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o presidente das Escolas Lourenzá, D. Pablo Maseda; e o directivo do Mondoñedo FC. D. Jesús Basanta, posto que ambos clubs seguirán traballando por sexto ano consecutivo a prol do fútbol base.
A novedade para esta temporada é a incorporación ó corpo técnico de Eduardo Reigosa (Ximil) que foi xogador do primeiro equipo das Escolas e actual directivo.
Todos os alumn@s que queiran incorporarse a esta sección de fútbol terán de prazo dende hoxe 18 de agosto ata o venres 23 de setembro; data na que se dará por pechada a sección.
Seguirán ademáis Michael Sante e Noé Recalde. Michael farase cargo do equipo de fútbol infantil e alevín e Noé fará tandem con Eduardo no equipo de fútbol benxamín. Os equipos alevín e infantil xa adestrarán esta semana e os benxamíns a partir de setembro.