A terceira temporada do primeiro equipo de basket das Escolas que milita en Categoría Nacional será co nome deportivo de MoranGrupo, empresa afincada en Mondoñedo e que engloba diferentes ramas do transporte; dende buses e microbuses, aluguer de vehículos, transporte sanitario.... que colabora dende fai varios anos co deporte de A Mariña e agora o fará tamén co deporte do baloncesto feminino en particular.
Onte venres firmouse o convenio de colaboración entre o representante da empresa, D. Ángel Morán e o presidente das E.D. Lourenzá D. Pablo Maseda en presencia da rexidora laurentina Dª. Rocío López. O convenio será por esta temporada 2015 2016 e poderá ser prorrogable de temporada en temporada.
A partir de hoxe, o nome oficial do equipo de nacional será MoranGrupo Lourenzá, o que se poñerá en coñecemento da Federación Cántabra de Baloncesto (organizadora esta temporada da competición) á maior brevedade posible.