O pasado fin de semana no marco incomparable dos Picos d Europa e ó abeiro do imponente Picu Urriellu celebramos a asambleia constituínte do Toxiza Clube de Montaña, unha iniciativa que xurde dende o corazon dos Vales d Lourenzà e Mondoñedo, pero ò mesmo tempo abertos ò mundo, a todos aqueles que sexan de onde sexan queiran COMPARTIR, EXPLORAR, DESCUBRIR a inmensidade da beleza infinita dos nosos montes e montañas, en definitiva pretendemos ser un punto de encontro para os amantes desa natureza que nos da todo sen esperar nada a cambio....
Inicialmente partimos con tres grandes obxectivos:
1- A defensa do noso entorno natural, e intentar dar a coñecer esa Mariña de interior, esa Mariña de paraísos perdidos cheos de vida que fican ò caron deses grandes cumios coma a Pena da Roca, Toxiza, Cadramon ou o Xistral
2- Realizar roteiros, viaxes ou travesias de alta montaña noutras cordilleiras como poden ser os Picos de Europa, Gredos , Pirineos ou Alpes
3- Outro obxectivo será levar adiante o equipo para as carreiras de montaña, un deporte que tentaremos promocionar na nosa zona organizando a segunda edicion da Toxiza Clasica Xtrem, un carreira realmente diferente, unica e espectacular..
Como ben di o noso lema, " que xamais os teus pasos queden sem camiño" porque non importa cal sexa o teu reto, a tua ilusion o teu soño,,e igual que sexa escalar o Everest, ou subir a Cornería ou pasear ò caron Do Masma, aqui tes un espazo onde misturar Deporte, natureza e amizade.
Directiva:
Presidente: Xavier Valoria Esmoris
Secretario: Martín Pardiñas Díaz
Tesoureiro: Miguel Paz Sixto
Vocal 1: Siro Maseda Varela
Vocal 2: Xavier Berdeal-Gonzalez Berdeal.