Lourenzá, 20 de xullo de 2018. A corporación municipal de Lourenzá celebrou un pleno onte, xoves, sesión na que tomou posesión a concelleira socialista Ana Belén Martínez Fernández.
Sobre a nova edil, a alcaldesa, Rocío López García, destacou “o seu compromiso e traballo a prol dos veciños e veciñas deste municipio”.
E con respecto a dimisión do concelleiro Carlos Rivas, a rexedora municipal quere transmitir unha mensaxe de normalidade, xa que “non vai afectar para nada ao correcto funcionamento dos servizos diarios do Concello. E onte mesmo iniciáronse as obras de mellora en varias beirarrúas dos casco urbano”.