O 2 DE NOVEMBRO COMEZARÁN AS REPRESENTACIÓNS DO II CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 26 de outubro de 2018. O venres 2 de novembro ás 21:00 horas arranca o segundo Certame de Teatro Concello de Lourenzá coa representación da obra Xente con xente, a cargo do grupo teatral Bule Bule, formado por actores e actrices de Alfoz e Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, tamén comunicou que a compañía Artías, de Teo, declinou participar no certame por motivos laborais e será substituída polo primeiro suplente, que é o grupo Faro Miño, de Chantada.

A segunda representación será o 4 de novembro, domingo, a cargo de Ollamao, de Barreiros, coa obra Oé, oé, oé…!. O 10 de novembro Rebuldeira, de Sarria, ofrecerá Delicadas; ao día seguinte Avelaíña, de Pontevedra, representará María Castaña; o 17 Faro Miño, de Chantada, escenificará Langreira de amor; o día 18 Os Palimoquiños, de Lugo, ofrecerá a obra Borralliña; o 24 Andanzas, de Viveiro, representará El caso de la mujer asesinadita; e o día 25 de novembro Fauna 113, de Vigo, escenificará Deus, unha comedia.

O certame está organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo e todas as representacións terán lugar no salón de actos municipal.

calendario II certame teatro