Lourenzá, 28 de xuño de 2013. O campo de fútbol municipal de Santa Cruz, en Lourenzá, acollerá partidos de categoría cadete do torneo Costa Nova dende hoxe, venres, ata o domingo.
No campo de fútbol de Lourenzá o primeiro partido do torneo será hoxe ás sete da tarde co enfrontamento entre o Burela FS e o Textil Escudo B. E ás oito xogarán Asti Leku e Textil Escudo B.
Mañá, sábado, ás once da mañá xogarase o partido Nueva Montaña-SD Burela e ás doce do mediodía haberá o enfrontamento Asti Leku-Viveiro. Ás sete da tarde disputarase o encontro Burela FS-Flaviense e ás oito terá lugar o Ariz-SD Burela.
O último partido deste torneo que se celebrará no campo de fútbol municipal de Lourenzá será o domingo ás 10 da mañá. Xogárase un dos encontros dos cuartos de final da categoría cadete.
Por outra parte, no torneo Costa Nova participan as Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo cun equipo na categoría alevín. Xogará no campo municipal de Foz hoxe, venres, ás seis e cuarto da tarde e mañá, sábado, ás dez e media da mañá. Se logran clasificarse para os cuartos de final xogarán no Martínez Otero, de Foz, o domingo ás 10 da mañá. Nese mesmo campo disputaranse, tamén o domingo, as semifinais e a final de alevín.