Lourenzá, 20 de agosto de 2018. O Cantón de Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 22, a partir das 13:00 horas unha actividade infantil de contos, debuxos e degustación gratuíta de produtos da marca Clesa. Anunciouno hoxe o Concello de Lourenzá.
A actividade, denominada Clesacontos, correrá a cargo do colectivo Polo correo do vento e está dirixida “ó publico familiar e ós máis pequenos da casa”. Está previsto desenvolvela no Cantón de Vilanova, pero en caso de mal tempo trasladarase ás instalacións do mercado comarcal.
O colectivo Polo correo do vento ofrecerá un espectáculo de “contacontos ilustrados que rematarán coa realización dun obradoiro de debuxo, no que explicarán o ciclo do leite e a importancia da calidade e trazabilidade en todos os produtos de Clesa”. Os obxectivos son “dar a coñecer a importancia da historia da empresa e de consumir produtos galegos de calidade, valorar a trazabilidade do produto como unha variable á hora de consumir e valorar o cooperativismo e a súa importancia económica”.