O CONCELLO ARRANXOU O ANTIGO QUIOSCO DA MÚSICA, QUE ESTÁ SITUADO NA PRAZA DO CONDE SANTO

O Concello de Lourenzá arranxou o antigo quiosco da música, que está situado na praza do Conde Santo. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.

A rexedora municipal explicou que “as obras consistiron en substituír os lenzos da varanda do quiosco, que antigamente eran de metacrilato e a maioría deles estaban rotos e en gran estado de deterioro, por outros máis seguras e de maior duración. A situación na que se atopaba o quiosco supoñía un grave perigo para os usuarios deste espazo público, na súa maioría nenos que acoden habitualmente as instalacións do parque. Deste xeito mellorouse a seguridade e o atractivo do entorno no que se encrava e consigo a da calidade dos recursos turísticos do concello”.

Rocío López engadiu que “estas obras enmárcanse dentro da liña de subvencións a concellos destinadas a financiar obras de mellora e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020”.

O CONCELLO ARRANXOU O ANTIGO QUIOSCO DA MÚSICA, QUE ESTÁ SITUADO NA PRAZA DO CONDE SANTO
O CONCELLO ARRANXOU O ANTIGO QUIOSCO DA MÚSICA, QUE ESTÁ SITUADO NA PRAZA DO CONDE SANTO