O Concello de Lourenzá asinou un contrato cunha empresa facer un inventario dos camiños e vías públicas que hai no municipio.
A alcaldesa en funcións, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “acabamos de asinar un contrato cunha empresa de enxeñaría e asesoramento legal para a realización dun inventario de camiños e vías públicas do concello de Lourenzá. Este inventario vai facilitar unha ficha de cada unha das estradas ou vías que percorreren o noso municipio, nesa ficha poñerase a titularidade da mesma e tamén farán constar o estado no que se atopa. Ademais farán un arquivo GIS, que será moito máis fácil a súa utilización por parte das persoas que posteriormente teñan que facer uso deste inventario de camiños e vías”.
A rexedora explicou que “a realización deste inventario de camiños e vías públicas recolliámolo dentro dos presupostos para este exercicio 2015 e tamén era unha proposta do grupo municipal do Partido Popular, que está gobernando ata o día mañá o Concello de Lourenzá”.